xurelo
Aparencia
Galego
- Pronuncia: [ʃuˈɾɛ.lʊ] (AFI)
xurelo (sg: xurelo; pl: xurelos)
- (Ictioloxía, alimentación) Peixe mariño, de nome científico Trachurus trachurus, pertencente á familia dos Carangidae. Peixe fusiforme e algo comprimido. O seu dorso é negro azulado ou verdoso, con flancos prateados e ventre brancuxo. Ten unha mancha negra na marxe superior do opérculo. As aletas son grises e vermellizas. De adulto adoita alcanzar unha talla media de 20 a 30 cm aproximadamente. O tamaño máximo pode chegar até 70 cm e 2 kg de peso.
Sinónimos
Termos relacionados
- xurela, moscón, xurelo moscón (xurelo grande)
- chincho, xixí, xureliño, chicharriño (xurelo pequeno)
Traducións
- Alemán: Bastardmakrele (de), Stöcker (de), Holzmakrele (de)
- Asturiano: chicharru (ast), xurel (ast), arcea (ast)
- Castelán: chicharro (es), jurel (es), escribano (es)
- Catalán: sorell (ca)
- Finés: piikkimakrilli (fi)
- Francés: chinchard (fr)
- Inglés: jack mackerel (en)
- Italiano: sugarello (it), suro (it)
- Portugués: carapau (pt), chicharro (pt)
- Turco: istavrit (tr)
- Vasco: txitxarro (eu)