Saltar ao contido

vértice

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /'bɛɾ.ti.θe̯/ ou /'bɛɾ.ti.se̯/ (AFI)

Substantivo masculino

vértice (sg: vértice; pl: vértices)

  1. (Anatomía) e (Medicina) Parte máis alta da bóveda craniana humana.
    • Exemplo: Presentaba lesións desde a mandíbula até o vértice do cranio.

  2. (Bioloxía) e (Medicina) Prominencia dun órgano.
    • Exemplo: O vértice do pulmón dereito estaba danado.

  3. (Figurado) Punto máximo de algo.
    • Exemplo: Os meteorólogos aseguran que estamos no vértice da seca.

  4. (Matemáticas) Punto dunha coordenada no que esta se encontra co seu eixe.
    • Exemplo: Sinalou o vértice da parábola.

  5. (Xeometría) Punto no que concorren dous lados dun ángulo ou dúas caras dun ángulo poliédrico.
    • Exemplo: Debuxou dous ángulos opostos polo vértice.

  6. (Xeometría) Punto dun cono, dunha pirámide, etc., que está máis afastado da base.
    • Exemplo: Tivo que calcular a altura desde a base ao vértice da pirámide.

Observacións

Naacepción son sinónimos cima e cume.

Termos relacionados

ángulos opostos polo vértice, vértice xeodésico.