Saltar ao contido

tesouro

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

O tesouro de Caldas de Reis.

Substantivo masculino

tesouro

  1. Conxunto de cousas preciosas, como xoias, diñeiro ou obxectos de valor, gardado ou agochado nalgunha parte.
    • Exemplo: A illa do tesouro. O tesouro de Caldas de Reis

      .
  2. (Figurado) Persoa ou cousa á que se lle moito valor ou á que se lle quere moito polos seus méritos ou as súas calidades.
    • Exemplo: Esta secretaria é un tesouro. Eses libros son un tesouro para el

      .
  3. (Economía) Conxunto de medios financeiros do Estado.
    • Exemplo: Acusáronos de desbaldir fondos do Tesouro.

  4. Administración deses medios financeiros.
    • Exemplo: O Tesouro emite bonos do Estado.

  5. Nome dado polos seus autores a certos dicionarios, catálogos ou antoloxías.
    • Exemplo: O Tesouro da lingua francesa.

  6. (Dereito) Conxunto agochado de moedas ou cousas preciosas, de cuxo dono non queda memoria.

Observacións

Termos relacionados

Tesouro público