Saltar ao contido

sorbitol

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «sorbitol».
  • Pronuncia: [soɾ.βiˈtɔl] (AFI)

Substantivo masculino

sorbitol (sg: sorbitol; pl: sorbitois)

  1. (Alimentación) (Química) Azucre de tipo poliol (fórmula empírica: C6H8(OH)6) que se emprega como edulcorante e como espesante nos alimentos, así como en fármacos, produtos químicos... Encóntrase de xeito natural nalgúns alimentos e tamén se produce industrialmente, por redución do monosacárido máis corrente, a glicosa, con hidróxeno. Tamén se forma no corpo humano. Atópase en cantidades apreciables nas algas pardas e, xunto coa frutosa, a glicosa e a sacarosa, en froitos como as peras, as mazás, as cereixas e os melocotóns. Como aditivo alimentario, o seu código é E-420.

Traducións