aditivo
Aparencia
Galego
- Pronuncia: /aðiˈtiβo̝/ (AFI)
aditivo (ms: aditivo; mpl: aditivos; fs: aditiva; fpl: aditivas)
- Que está pensado para ser engadido.
- (Matemáticas) Relativo á adición ou suma.
Traducións
aditivo (sg: aditivo; pl: aditivos)
- O que se engade a algo para cambialo ou completalo.
- (Alimentación) Substancia que pode ser engadida nun alimento ou bebida co fin de modificar as súas características organolépticas ou facilitar a súa elaboración, conservación ou presentación, pero sen o propósito de modificar o valor nutritivo do mesmo.
- Sinónimos: aditivo alimentario.