sistema endócrino
Aparencia
Galego

(Masculinas na esquerda, femininas na dereita).
1. Glándula pineal 2. Hipófise 3. Tiroide 4. Timo 5. Glándula suprarrenal
6. Páncreas 7. Ovario 8. Testículo
Pronuncia: /sis̪.ˈt̪e.ma/ /eŋ.ˈdo.kɾi.no̯/ (AFI)
sistema endócrino
- (Anatomía) e (Fisioloxía) O sistema endócrino é un conxunto de glándulas, órganos, tecidos e células especializadas na secreción interna que elaborar hormonas e as liberan directamente no sangue para que cheguen aos tecidos e órganos de todo o corpo. Estas hormonas controlan moitas funcións importantes, como o crecemento e o desenvolvemento do corpo, o metabolismo e a reproducción. Actúa como unha rede de comunicación celular que responde aos estímulos liberando hormonas e é o encargado de diversas funcións metabólicas do organismo; entre elas destacan: Controlar a intensidade de funcións químicas nas células. Rexer o transporte de substancias a través das membranas das células e Regular o equilibrio do organismo (homeostase).