revolución rusa
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: de revolución e rusa.
Revolución rusa
- (Historia) O termo revolución rusa (en ruso Русская революция, Russkaia revoliutsiia) agrupa todos os sucesos que levaron ao derrocamento do réxime tsarista e á instauración doutro, leninista, entre febreiro e outubro de 1917, que levou á creación da República Socialista Federativa Soviética de Rusia. O tsar viuse obrigado a abdicar e o antigo réxime foi substituído por un Goberno provisional durante a primeira revolución de febreiro de 1917. Na segunda revolución, en outubro, o Goberno provisional foi substituído por un goberno bolxevique (comunista).