Saltar ao contido

réxime

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
  • Pronuncia: /ˈre.ʃi.me/ (AFI)

Substantivo masculino[editar]

réxime (sg: réxime; pl: réximes)

  1. Sistema político polo que se rexe unha nación.
    • Exemplo: Un réxime democrático. Un réxime autoritario

      .
  2. Conxunto de normas polas que se rexe unha institución, unha entidade ou unha actividade.
    • Exemplo: Para nomear o presidente do partido temos un réxime de eleccións primarias

      .
  3. Conxunto de normas que regulan a cantidade, o tipo e a distribución dos alimentos que debe tomar unha persoa, xeralmente por motivos de saúde.
    • Exemplo: Estou demasiado gordo, teño que poñerme a réxime

      .
  4. (Zooloxía) Tipo de alimentación dos animais.
    • Exemplo: O lobo ten un réxime carnívoro

      .
  5. Conxunto de características regulares ou habituais no desenvolvemento de algo.
    • Exemplo: En Galicia temos un réxime de chuvias case todo o ano.

  6. (Gramática) Termo rexido por outro.
    • Exemplo: O réxime do verbo 'confiar' é a preposición 'en'.

  7. (Tecnoloxía) Estado dunha máquina ou dun dispositivo cando funciona dun modo regular e permanente.
    • Exemplo: O réxime do motor do coche quedou perfecto

      .

Termos relacionados[editar]

Antigo Réxime, complemento de réxime preposicional, réxime aberto, réxime pechado.