retirar
Aparencia
Galego
Pronuncia: /retiˈɾaɾ/ (AFI)
retirar
- Apartar, afastar ou mover algo ou alguén do lugar onde estaba.
- Facer que alguén deixe unha profesión, un servizo ou unha actividade habitual.
- Privar a alguén dunha cousa, dereito ou facultade que tiña, posuía ou podía usar.
- Sacar ou recuperar algo que estaba gardado, depositado ou estacionado.
- Declarar que xa non se mantén algo dito, escrito, proposto ou presentado.
- Antónimos: manter, confirmar, ratificar
- Termos relacionados: desdicirse, retractarse, rectificar
- Exemplo: Retiro o que dixen.
- Exemplo: A candidata retirou a súa proposta antes da votación.
- Deixar de dar, conceder ou manter algo.
- Sacar algo de circulación, de uso ou de funcionamento.
retirarse
- Apartarse ou afastarse dun lugar, dunha persoa ou dunha cousa.
- Sinónimos: afastarse, apartarse
- Antónimos: achegarse, aproximarse
- Exemplo: Retiráronse da estrada ao ver pasar a ambulancia.
- Deixar unha profesión, actividade ou servizo, especialmente ao chegar a certa idade.
- Sinónimos: xubilarse
- Antónimos: continuar, seguir, incorporarse
- Termos relacionados: retiro, xubilación
- Exemplo: Retirouse do ensino despois de corenta anos de traballo.
- Abandonar unha competición, proba ou xogo antes de rematar.
- (Militar) Retroceder ou abandonar unha posición durante unha operación ou combate.
- Sinónimos: retroceder, recuar
- Antónimos: avanzar
- Termos relacionados: retirada, retagarda
- Exemplo: O exército retirouse cara á retagarda.
- Recollerse nun lugar para descansar ou pasar a noite.
- Sinónimos: recollerse
- Termos relacionados: descanso, cuarto, retiro
- Exemplo: Despois da cea, retirouse ao seu cuarto.
- Ir vivir a un lugar afastado, tranquilo ou apartado da vida habitual.
- Antónimos: reintegrarse, reincorporarse
- Termos relacionados: retiro, recollerse, apartarse
- Exemplo: Retirouse a unha aldea da montaña.
Termos relacionados
Traducións
1, 3-7. Apartar, quitar, sacar, privar ou deixar de manter
2. Facer deixar unha profesión ou servizo
8-13. Retirarse
Conxugación
Verbo regular da 1ª conxugación
| Infinitivo | retirar |
| Xerundio | retirando |
| Participio | retirado, retirada, retirados, retiradas |
| 1 Vostede(s) |
Referencias
- Definicións no Dicionario da Real Academia Galega para retirar.
- «retirar» no DIGALEGO, Ir Indo.
Castelán
retirar