rego

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Grafías semellantes:     Rego

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «rego».
  • Pronuncia: [ˈre.ɣʊ], [ˈrɛ.ɣʊ] (estándar), [ˈre.ħʊ], [ˈrɛ.ħʊ] (con gheada) (AFI)

Verbo

rego

  1. Definición impropia: Primeira persoa do singular do presente do verbo «regar».

Substantivo masculino

rego (sg: rego; pl: regos)

  1. (Xeografía) Pequena canle natural pola que circula a auga.
  2. Suco longo e de pouca profundidade feito na terra para cultivar ou regar.
  3. (Construción) Escavación longa e estreita no chan para situar os alicerces dun edificio, aumentar a extensión dunha canalización ou explorar superficialmente un terreo.
  4. Canle que distribúe a auga polos terreos de cultivo e pasto ou a leva a un muíño.

Traducións