Saltar ao contido

punto negro

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Locución substantiva masculina

punto negro

  1. Poro da pel que debe a súa cor a acumulación de graxa e sucidade.
    • Exemplo: O xornaleiro tiña os antebrazos cheos de puntos negros.

  2. Parte dunha estrada propensa á produción de accidentes.
    • Exemplo: Aquela curva era un punto negro antes de que a arranxaran.

  3. (Figurado) Aquilo que resulta negativo, conflitivo ou perigoso.
    • Exemplo: Na xestión do secretario houbo algún punto negro.