Saltar ao contido

prólogo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «prólogo».
  • Pronuncia: /ˈpɾɔlo̝ɣo̝/ (AFI)

Substantivo masculino

prólogo (sg: prólogo; pl: prólogos)

  1. Escrito breve, situado ao principio dunha obra extensa, entre os documentos chamados preliminares, para explicar algo relacionado coa obra ou o autor.
  2. Feito ou feitos preliminares a algo.
  3. Na oratoria, preámbulo dun discurso.
  4. Na traxedia clásica, parte que vai antes da entrada do coro.
  5. No teatro, monólogo ou escena que precede o inicio da obra.
  6. Personaxe que realiza especialmente o anterior monólogo mencionado.

Traducións

Referencias


Castelán

Substantivo masculino

prólogo (sg: prólogo; pl: prólogos)

  1. Prólogo.


Portugués

Substantivo masculino

prólogo (sg: prólogo; pl: prólogos)

  1. Prólogo.