piñeiro rubio
Galego
- Pronuncia: /piˈɲejɾo̝ˈruβjo̝/ (AFI)
Locución substantiva masculina
piñeiro rubio (sg: piñeiro rubio; pl: piñeiros rubios)
- (Botánica) Árbore ximnosperma da familia das pináceas, de folla perenne. As acículas son moi curtas en comparación co piñeiro bravo (de 4 a 6 cm de lonxitude), ao igual que as piñas (de 5 a 6 cm). Os piñóns raramente pasan os 5 mm e a súa á abrangue entre os 12 e 17 mm. Recibe o seu nome común da cor encarnada da súa casca na parte superior do tronco (nas partes máis baixas ten tonalidade parda).