Saltar ao contido

orde

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «orde».
  • Etimoloxía: do latín ordo, -ĭnis. (Para todas as acepcións, agás a 10a); do latín científico Ordo. (Para a 10a acep.)
  • Pronuncia: /ˈɔɾðe̝/ (AFI)

Substantivo feminino singular

orde (sg: orde; pl: ordes)

  1. Organización, disposición das cousas ou persoas no lugar que lles convén.
  2. Sistema para facer algo.
  3. Categoría na que se clasifica as cousas ou persoas.
  4. Situación social de estabilidade en que son respectadas as institucións e as leis.
  5. Sistema de leis, institucións etc., que rexen a organización política, xurídica, económica etc., dunha sociedade.
  6. Grupo de persoas sometidas a certas regras profesionais ou morais.
  7. Obriga de facer algo imposta por alguén.
  8. Cada unha das institucións civís ou militares creadas para premiar por medio de condecoracións ás persoas con méritos relevantes.
    • Exemplo: Orde de Afonso X o Sabio

      .
  9. (Arquitectura) Sistema de relacións fixas entre os elementos dun edificio, polo que se clasifican os diferentes estilos na arquitectura.
    • Exemplo: A orde corintia

      .
  10. (Bioloxía) En bioloxía, categoría taxonómica situada entre a clase e a familia.
    • Exemplo: Os artiodáctilos son unha orde de mamíferos.

    • Observacións: En zooloxía, é unha das categorías taxonómicas de uso obrigatorio, segudo o Código Internacional de Nomenclatura Zoolóxica.
  11. (Catolicismo) Sexto sacramento da Igrexa católica polo que son instituídos os sacerdotes.
    • Exemplo: O bispo administroulle o sacramento da orde

      .
  12. (Catolicismo) Un dos graos dentro da xerarquía clerical católica.
    • Exemplo: Ordes maiores. Ordes menores

      .
  13. (Relixión) Asociación de persoas unidas por votos de relixión que seguen unha regra común.
    • Exemplo: As ordes relixiosas construíron moitos mosteiros

      .

Termos relacionados