mourón

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

mourón1

  • Pronuncia: /mowˈɾoŋ/ (AFI)

Substantivo masculino

mourón (sg: mourón; pl: mouróns)

  1. Pau que se emprega para soster algo de que non caia.
  2. (Carro) Pau que se enganchaba no extremo de diante da cabezalla do carro e que servía para sostelo horizontalmente cando se quitaba a xugada.

Traducións


Partes do carro
acicarro - adival - afungadoiro - aixeda - amoradoiro - betoque - botoalla - brigueira - cabezalla - cabrita - cáceres - cadea - cádiga - caínza - camallón - camba - cambón - cancil - canga - canizo - cantadeira - cazoleta - chambaril - chantón - chavella - chaveta - cheda - chedeiro - cherca - contrarrellas - corre - coucillón - cueira - dentoira - empatías - eixo - espigo - estrobo - estadullo - freo - fungueiro - fura - gato - ladral - lamia - loro - mil - miñón - mozo - ollal - paínza - pebida - penle - ponte - ranqueiro - recadén - rella - roda - rodeiro - soliño - tentemozo - tilla - treitoira - xugo - zuncho


mourón2

  • Pronuncia: /mowˈɾoŋ/ (AFI)

Substantivo masculino

mourón (sg: mourón; pl: mouróns)

  1. (Botánica) Fungo que ataca o trigo e outros cereais.
    • Exemplo: Chuvia na semana da Ascensión cría nos trigos mourón.

    • Sinónimos: cisco, morrión.