caínza
Aparencia
Galego
Etimoloxía: de cana.
Pronuncia: /kaˈinθa̝/ (AFI)
caínza (sg: caínza; pl: caínzas)
- Estrutura de canas, vimbios ou varas entretecidos, empregada para diversos usos.
- Estrutura con pau e varas para facer cerrados ou divisións.
- Estrutura así entretecida posta á entrada dunha propiedade como forma de porta.
- Aveño de labranza cunha estrutura de forma rectangular con varas e táboas dispostos para achaiar un terreo labrado.
- (Carro) Grupo de táboas horizontais colocadas nos laterais dos carros, así como tamén dos remolques, cruzados cos fungueiros, para soster a carga, e que non caia nigunha dela.
- Estrutura feita de paus ou táboas entrecruzados que se pon a certa altura sobre o lume dunha lareira para secar e afumar alimentos.
Referencias
- Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para «caínza».
- «caínza» no DIGALEGO, Ir Indo.