morrión
Aparencia
Galego
- Pronuncia: /moriˈoŋ/ (AFI)
morrión (sg: morrión; pl: morrións)
- (Historia) Casco de armadura de forma algo cónica que contaba normalmente cunha crista case cortante, tiña unha á ancha, levantada e abarculada que terminaba en punta por diante e por detrás. No cumio, case sempre curvo, presentaba ben unha especie de gancho, uña ou botón, ben unha punta afiada.
- (Historia) Chapeu militar cilíndrico, con viseira, sen á, cunha cuarta de altura.
- (Botánica) Fungo que ataca o trigo e outros cereais.
- Sinónimos: mourón.