rella
Aparencia
Galego
- Pronuncia: [ˈre.ʎɐ] (AFI)
rella (sg: rella; pl: rellas)
- (Carro) Peza que atravesa o eixo, pois une as cambas e o mión, para evitar que saia da roda.
- Sinónimos: relleira.
- (Agro) Peza do arado que se emprega para, entrando en contacto, romper os terróns e revolver a terra.
- Sinónimos: palmela.
- (Agro) Labor que se lle dá á terra ó arala.
Véxase tamén
- Apéndice: Partes do carro
- Vexa o artigo «carro» na Galipedia.