instancia
Aparencia
Galego
- Pronuncia: /iŋs.'taŋ.θja̯/ ou /iŋs.'ta̯ŋ/sja̯ (AFI)
instancia
(sg: instancia; pl: instancias)
- Acción e efecto de instar.
- Escrito co que se solicita oficialmente algo á administración.
- Nivel ou grao da Administración pública ou de calquera institución política ou social.
- (Dereito) Impugnación da resposta dada a un argumento.
- (Dereito) Cada un dos graos xurisdicionais que a lei ten establecidos para ver e sentenciar nos xuízos e demais asuntos da xustiza.
- (Filosofía) Nas antigas escolas, impugnación dunha resposta dada a un argumento.
- (Psicoloxía) Cada unha das partes do aparato psíquico capaces de actuar.
Termos relacionados
a instancia de, absolución na instancia, caducidade da instancia, en primeira instancia, en última instancia, xuíz de primeira instancia, xuíz de primeira instancia e de instrución.