Saltar ao contido

illas Carolinas

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «illas Carolinas».
Localización das illas Carolinas

Locución substantiva feminina plural

illas Carolinas

  1. (Xeografía) e (Historia) As illas Carolinas (en inglés Caroline Islands) son un arquipélago da Micronesia, no oeste do océano Pacífico. Teñen unha extensión de 1 194 km² e 126 000 habitantes. Está formado por case un milleiro de atois e illas, algunhas de orixe volcánica, ao norte do ecuador. Gozan de clima ecuatorial e teñen explotacións de cocoteiros, mandioca e cana de azucre. Tamén hai xacementos de bauxita e de fosfatos. As principais illas son Pohnpei, a máis extensa e elevada, Truk, Kosrae, Yap e Palau. As catro primeiras, as máis orientais, formaron os Estados Federados de Micronesia, en tanto que Palau, a máis occidental, constituíse en República. Foron descubertas o 22 de agosto de 1526 polo explorador español Toribio Alonso de Salazar. O 1 de xaneiro de 1528 o descubridor Alonso de Saavedra tomou posesión en nome do rei de España das illas de Uluti. Francisco de Lezcano en 1686 chegou a Yap e chamoulles Carolinas en honra do rei de España Carlos II, facendo extensíbel o nome ás Palau, Marshall e Gilbert. Tras a derrota de España na guerra contra os Estados Unidos na que se perdeu a illa de Guam nas illas Marianas, o 12 de febreiro de 1899 o resto das Marianas, as illas Carolinas e Palau foron vendidas a Imperio alemán por 25 millóns de pesetas.