guerra hispano-estadounidense
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: de guerra e hispano-estadounidense.
guerra hispano-estadounidense
- (Historia) A guerra hispano-estadounidense, que en España é coñecida como a guerra de Cuba ou tamén como O desastre do 98, denominada por outra banda guerra hispano-americana e, nos Estados Unidos, Spanish-American War, foi a que se librou entre España e os Estados Unidos en 1898, durante a rexencia de María Cristina de Habsburgo-Lorena, viúva do rei Afonso XII, sendo presidente do goberno español Práxedes Mateo Sagasta e presidente dos Estados Unidos William McKinley. Esta guerra significou a perda das colonias de ultramar e veu a ser a fin do que fora o poderoso Imperio español. As súass principais consecuencias foron a independencia de Cuba e a perda, por parte de España, do resto das súas colonias en América (cedendo Puerto Rico aos EE.UU.) e Asia (Filipinas, illas Marianas e Carolinas).