Saltar ao contido

Guam

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «Guam».
Isla de Guaján, na Carta Hydrographica y Chorographica de las Islas Filipinas (1734)

Nome propio

Guam

  1. (Xeografía) e (Historia) Guam (Guåhån en chamorro, Guaján en castelán antigo, Territory of Guam en inglés), é unha illa no Pacífico occidental, pertencente aos Estados Unidos como territorio non incorporado. É a maior e máis meridional das illas Marianas. Foi territorio español, gobernado como parte da Capitanía Xeneral das Filipinas desde o século XVI até 1898, cando foi incorporada aos Estados Unidos no contexto da Guerra hispano-estadounidense. Politicamente é un dos catorce territorios non incorporados dos Estados Unidos, un dos 17 territorios non autónomos baixo a supervisión do Comité de Descolonización das Nacións Unidas, co fin de eliminar o colonialismo.