holoturoideos
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do latín científico Holothurioidea, e este de Holoturia, nome de xénero, e -oidea.
holoturoideos (sg: holoturoideo; pl: holoturoideos)
- (Zooloxía) A dos holoturoideos é unha clase do filo dos equinodermos coñecidos como holoturias e, popularmente, como cogombros de mar, carallos de mar ou carallotes, que inclúe animais de corpo alongado e brando e, que pertencen ao mesmo grupo que os ourizos de mar e as estrelas de mar, aínda que aparentemente non teñen a simetría pentarradial característica dos demais representantes do grupo. Considéranse animais cunha simetría bilateral secundaria, xa que internamente os seus órganos e sistemas aparecen nun número múltiplo de 5, como no resto de equinodermos, pero externamente o seu corpo alongado dá a sensación de ter un só eixe de simetría. O corpo é musculoso, en forma de cilindro, e ten unha apertura bucal, que está rodeada de tentáculos nun extremo, e no outro a abertura anal. Coñécense unhas 1 400 especies viventes. Moitas delas miden contra os 20 cm de lonxitude, pero as máis pequenas non exceden o centímetro, mentres que as de maior tamaño acadan lonxitudes de até os 5 m.