Saltar ao contido

hipotálamo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «hipotálamo».
Situación dp hipotálamo (en celeste) a a súa relación co tálamo e a hipófise
  • Pronuncia: /i.po.'ta.la̯.mo̯/ (AFI)

Substantivo masculino

hipotálamo (sg: hipotálamo; pl: hipotálamos)

  1. (Anatomía) e (Fisioloxía) Rexión do cerebro anterior situada debaixo do tálamo que produce diferentes hormonas, entre elas a hormona antidiurética e a oxitocina, e tamén segrega varios neuropéptidos, chamados factores hipotalámicos, que actúan sobre a adenohipófise e regulan a súa produción hormonal. Outras funcións son manter a temperatura corporal e influír en diferentes condutas, entre elas as relacionadas coa alimentación, a inxestión de líquidos, o apareamento e a agresión.
    • Exemplo: O hipotálamo​ é o regulador se varias funcións viscerais autónomas e endócrinas.

    • Exemplo: Diagnosticáronlle unha encefalomielite.