cerebro
Galego
- Pronuncia: [θeˈɾɛ.β̞ɾʊ], [seˈɾɛ.β̞ɾʊ] (AFI)
cerebro ----
singular | plural |
cerebro | cerebros |
- (Anatomía) Parte anterior do encéfalo dos vertebrados.
- Observacións: Está formado por unha parte anterior (prosencéfalo) e unha parte media (mesencéfalo). Presenta dous hemisferios separados por un suco lonxitudinal e a súa superficie está marcada por numerosos sucos sinuosos que delimitan as chamadas circunvolucións.
- Por extensión, o conxunto do encéfalo, incluíndo o cerebelo e o bulbo.
- (Zooloxía) Nos invertebrados, conxunto de ganglios nerviosos que coordinan o seu sistema nervioso.
- (Figurado) Punto no que reside a intelixencia, as facultades mentais.
- Exemplo: O boxeo provoca danos no cerebro.
- Sinónimos: sentido, siso.
- Termos relacionados: cerebro electrónico, cerebro de mosquito, ser un cerebro.
- Exemplo: O boxeo provoca danos no cerebro.
- (Figurado) Persoa que dirixe unha operación e decide os pasos a dar.
- Exemplo: Ó final, non conseguiron dete-lo cerebro da estafa.
- Exemplo: Ó final, non conseguiron dete-lo cerebro da estafa.