Saltar ao contido

helenismo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «helenismo».
Expansión do mundo grego á morte de Alexandre o Grande
  • Pronuncia: /[e.leˈniz.mo/ (AFI)

Substantivo masculino

helenismo (sg: helenismo; pl: helenismos)

  1. (Historia) Período da historia e da cultura gregas que comprende desde a morte de Alexandre o Grande en 323 a.C. ata a conquista do Antigo Exipto e instauración do principado de Octavio Augusto no 31 a.C., despois do suicidio da súa última faraona Cleopatra VII e do su amante Marco Antonio, tras a súa derrota na batalla de Accio.
    • Exemplo: O helenismo caracterizouse pola difusión da lingua e cultura gregas desde o Mediterráneo ata Asia Central.

  2. Condición de heleno.
    • Exemplo: Grecia reivindicaba o helenismo dalgunhas rexións

      .
  3. Estudo do mundo e da cultura helena.
    • Exemplo: Interésalle especialmente o helenismo

      .
  4. Afección polo mundo e a cultura helena.
    • Exemplo: O helenismo do historiador queda patente na súa obra.

  5. Influencia dos costumes, carácter, etc. helenos noutras civilizacións.
    • Exemplo: O helenismo tivo importancia na Igrexa antiga.

  6. (Lingüística) Trazo idiomático ou vocábulo propio da lingua grega.
    • Exemplo: Quimera é un helenismo.

  7. (Lingüística) Vocábulo ou modo de falar propio da lingua grega empregado noutra lingua.
    • Exemplo: Na nosa lingua, especialmente la liguaxe científica, hai abundantes helenismos.

Sinónimos

Observacións

Termos relacionados

Traducións