Saltar ao contido

heleno

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /ε.'le.no̯/ (AFI)

Adxectivo

heleno (ms: heleno; mpl: helenos; fs: helena; fpl: helenas)

  1. Propio da Grecia Antiga ou aos seus habitantes.
    • Exemplo: A culutura helena Os pobos helenos.

  2. Dito dunha persoa, de calquera dos pobos aqueo, dorio, xonio e eolio, cuxa instalación en Grecia, nas illas do Exeo, Sicilia e diversas zonas do litoral mediterráneo, deu principio á gran civilización da Hélade ou Grecia Antiga.
    • Exemplo: A expansión dos helenos polo Mediterráneo.

Substantivo

heleno (ms: heleno; mpl: helenos; fs: helena; fpl: helenas)

  1. Individuo pertencente a un dos pobos que formaban a Grecia Antiga.
    • Exemplo: A mitoloxía dos helenos.