Saltar ao contido

foco

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «foco».

foco1

  • Pronuncia: [ˈfɔ.kʊ] (AFI)

Substantivo masculino

foco

  1. (Física) Punto no que converxen os raios de luz ao pasar por unha lente ou ao ser reflectidos por un espello.
  2. Punto desde o cal se orixinan e saen raios caloríficos ou luminosos.
  3. (Figurado) Orixe ou centro onde se concentra unha actividade, un fenómeno, un mal...
  4. (Xeometría) Punto xeométrico, ao que pode asociarse un segmento de recta, que cumpre a propiedade de que a suma das distancias do punto a unha curva é constante, así como tamén do segmento de recta de existir.
  5. Instrumento para alumear, con moita potencia, normalmente en certa dirección.
  6. Instrumento lixeiro e portátil para alumear, a pilas, normalmente con forma de caixa rectangular ou cilindro.
  7. (Astronomía) Punto en que o obxectivo dun telescopio fai converxer os raios dunha fonte celeste situada a un distancia infinita.

Termos relacionados

Véxase tamén

foco2

  • Pronuncia: [ˈfɔ.kʊ] (AFI)

Adxectivo

foco (ms: foco; mpl: focos; fs: foca; fpl: focas)

  1. Que está baleiro por dentro.

Substantivo masculino

foco (sg: foco; pl: focos)

  1. Espazo aberto de algo.
    • Sinónimos: oco.