Saltar ao contido

fenómeno

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «fenómeno».
A mesma palabra fenómeno fai pensar que detrás deste pode existir unha estrutura non perceptíbel directamente, á que o filósofo Immanuel Kant chamou νοούμενoν ("nóumeno").
  • Pronuncia: /feˈno.me.no/ (AFI)

Substantivo masculino

fenómeno (sg: fenómeno; pl: fenómenos)

  1. Todo o que ocorre ou existe, que pode ser percibido polos sentidos ou experimentado, e que se pode considerar como obxecto de estudo dunha ciencia.
    • Exemplo: As eclipses son fenómenos da natureza. O fenómeno da emigración. O trono é un fenómeno acústico. Os filósofos gregos facían postulados sobre os fenómenos

      .
  2. Cousa extraordinaria e sorprendente.
    • Exemplo: O tifón foi un fenómeno na cidade, nunca se vira tal cousa

      .
  3. Coloquialmente, persoa de talento extraordinario, fóra do normal.
    • Exemplo: Mozart foi un fenómeno, compoñía música desde moi neno

      .
  4. Coloquialmente, persoa, animal ou cousa que ten algo de anormal, que é monstruoso.
    • Exemplo: Seica o cuxo tiña cinco patas, un fenómeno.

  5. (Filosofía) Todo o que é obxecto da experiencia ou percepción e que se pode manifestar no espazo e no tempo.
    • Exemplo: Para Platón o fenómeno oponse á realidade verdadeira do mundo das ideas. Na filosofía de Immanuel Kant, fenómeno é o que é obxecto da experiencia sensíbel

      .

Adxectivo

  1. Coloquialmente, algo ou alguén moi bo, magnífico, sensacional.
    • {{exemplo|É un tío fenómeno. U. t. c. adv. Lo pasamos fenómeno.

Observacións

Termos relacionados