Saltar ao contido

festivo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /fɛs.'ti.βo̯/ (AFI)

Adxectivo

festivo (sg: festivo; pl: festivos)

  1. Pertencente ou relativo á festa.
    • Exemplo: Na parroquia xa fixeron os preparativos festivos.

  2. Dito dun período de tempo, que está sinalado oficialmente para o descanso por celebrarse unha festa solemne, por oposición a laborábel.
    • Exemplo: Semana festiva.

  3. Alegre, divertido e gozoso.
    • Exemplo: Na oficina había un ambiente festivo aquel día.

  4. Que é agudo ou gracioso.
    • Exemplo: As obras festivas de Quevedo.

Termos relacionados

día festivo