feo
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Galego
feo1
Pronuncia: [ˈfe.ʊ] (AFI)
Substantivo masculino
feo (sg: feo; pl: feos)
- (Botánica) Planta anual da familia das gramíneas ou poáceas, Aira caryophyllea, de caules finos, erectos, de até 40 cm, follas lineares e panículas laxas, con espiguiñas que conteñen dúas flores, que vive en terreos silíceos.
- (Botánica) Nome común de distintas especies de plantas herbáceas.
- Exemplo: Feo bravo. Feo gris.
- Herba de prado segada e secada ao sol, que se almacena para alimentar ao gando durante o inverno.
- Sinónimos: herba seca.
Locución substantiva masculina
- Feo bravo. (Botánica) Planta herbácea da familia das gramíneas ou poáceas, Deschampia flexuosa, perenne, de caules de 20 a 100 cm, erectos, lisos, con ramas flexuosas, capilares, que levan espículas de 4 a 6 mm, purpúreas, pardas ou prateadas, brillantes; follas pequenas, estreitas, veludas, e inflorescencias delicadas, en panículas frouxas, que vive en lugares secos, areosos ou en breixais. En Galicia falta nas zonas baixas.

Moitas gramíneas son excelentes fixadoras de dunas. Na imaxen pode verse unha destas especies, Ammophila arenaria, en Grenen, Dinamarca.
- Feo de praia. (Botánica) Planta da familia das gramíneas ou poáceas, Ammophila arenaria = Psamma australis, perenne, robusta, glabra, con caules de até 1,20 m que xorden de rizomas reptantes; follas convolutas, ríxidas, acabadas en punta, con costelas na face, de cor verde agrisada, e inflorescencias densas, terminais, cilíndricas, de cor abrancazada. Vive nas dunas do litoral da rexión mediterránea e as costas atlánticas europeas, até Galicia.
- Feo gris. (Botánica) Planta da familia das gramíneas ou poáceas, Agrostis stolonifera = A. alba, perenne, con estolóns longos (de até 2 m) e caules aéreos de até 1 m, con follas variábeis, de planas a filiformes, e inflorescencias en panículas lasas e abertas durante a antese, pero que despois se contraen adoptando a aparencia dunha espiga bastante densa. Vive en prados, bosques claros, beiras de camiños, areais e marismas de toda Europa. É unha especie moi variábel, e en Galicia distínguense dúas variedades, que corresponden ao ecotipo costeiro, Agrostis stolonifera pseudopungens, con follas picantes de 1 a 2 mm de largura, e a dos prados do interior, A. stolonifera stolonifera, con follas de 2 a 4 mm de largo.
Traducións
- Alemán: Heu (de)
- Bretón: foenn (br)
- Castelán: heno (es)
- Catalán: fenc (ca)
- Checo: seno (cs)
- Danés: hø (da)
- Esperanto: fojno (eo)
- Feroés: hoyggj (fo)
- Finés: heinät (fi)
- Francés: foin (fr)
- Frisón: hea (fy)
- Ido: feno (io)
- Inglés: hay (en)
- Inglés antigo: hig (ang)
- Islandés: hey (is)
- Italiano: fieno (it)
- Latín: fenum (la)
- Neerlandés: hooi (nl)
- Polaco: siano (pl)
- Portugués: feno (pt)
- Romaní: khas (rom)
- Sueco: hö (sv)
- Támil: வைக்கோல் (ta) (vaikkōl)
- Turco: saman (tr)
- Vasco: albitz (eu)
Véxase tamén
http://calphotos.berkeley.edu/imgs/128x192/0000_0000/0404/0406.jpeg
feo2
Pronuncia: [ˈfe.ʊ] (AFI)
Adxectivo
feo (ms: feo; mpl: feos; fs: fea; fpl: feas)
- Persoa ou cousa de aspecto desagradable.
- Exemplo: Vaia mozo feo que fuches buscar!.
- Condenable, repugnante, indigno.
- Exemplo: Facer iso estivo moi feo, a verdade.
- (Figurado) Malo, complicado, preocupante.
- Exemplo: O futuro da construción está cada día máis feo.
Substantivo masculino
feo (sg: feo; pl: feos)
Sinónimos
Traducións
Expresión
- Facer un feo [a alguén]. Portarse de forma desagradable, ofender dalgún xeito.