fórmula xeral
Aparencia
Galego
- Pronuncia: /ˈfɔɾmula ʃeˈɾal/ (AFI)
fórmula xeral (sg: fórmula xeral; pl: fórmulas xerais)
- (Matemáticas) Expresión matemática que engloba todas as solucións dunha ecuación.
- (Matemáticas) En álxebra, expresión empregada para indicar unha propiedade que se cumpre sempre.
- (Matemáticas) En xeometría designa unha expresión xenérica que cuantifique o valor dalgunha magnitude específica.
- (Química) Expresión que describe un conxunto de substancias químicas relacionadas entre si e de propiedades similares (serie homóloga).