aminoácido
Aparencia
Galego

Pronuncia: /a.mi.noˈa.θi.ðo̯/ ou /a.mi.no.ˈa.si.ðo̯/ (AFI)
aminoácido
(sg: aminoácido; pl: aminoácidos)
- (Bioquímica) Composto orgánico que ten, polo menos, un grupo amino e unha función ácido, que constitúe as proteínas; coñécense 21 aminoácidos diferentes, dos que 8 son esenciais para a nutrición humana, é dicir, non son sintetizados en cantidade suficiente para cubri-las necesidades metabólicas.
Termos relacionados
- Aminoácidos esenciais: fenilalanina, histidina, isoleucina, leucina, lisina, metionina, treonina, triptófano e valina.
- Aminoácidos non esenciais: ácido glutámico, alanina, arxinina, asparaguina, cisteína, cistina, glicina, glutamina, ornitina, prolina, serina e tirosina.