espelir

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /espeˈliɾ/ (AFI)

Verbo transitivo

espelir

  1. Facer que algo aumente o seu volume, sacudíndoo, estendéndoo e deixándoo máis solto.
  2. Facer que alguén perda a preguiza que ten.
  3. Facer que alguén agudice o enxeño e perda timidez.

Verbo intransitivo

espelir

  1. Fermentar unha masa aumentando o seu volume e tomando unha textura esponxosa grazas a fermentos.
  2. Facer por realizar algo con rapidez.

Verbo pronominal

espelirse

  1. Apurarse a realizar algo.
  2. Deixar a preguiza para realizar algo.
  3. Agudizar o enxeño e perda timidez.

Conxugación