escamar
Aparencia
Galego
- Pronuncia: /eskaˈmaɾ/ (AFI)
escamar
- Limpa-lo peixe sacándolle as escamas. As sardiñas escámanse antes de cociñar, a xarda non.
- Verter auga a ferver sobre a pel do porco para sacarlle o pelo con facilidade. Pon a pota no lume que necesitaremos auga para escama-lo porco. Utilízase tamén como reflexivo: escaldarse a pel ó caerlle auga a ferver ou aceite.
- Limpa-las tripas do porco, eliminando a mucosa, para logo facer chourizos.
- Labra-la pedra ou a madeira imitando a forma das escamas.
- (Figurado) Desconfiar de alguén.
Traducións
Conxugación
Verbo regular da 1ª conxugación
Infinitivo | escamar |
Xerundio | escamando |
Participio | escamado, escamada, escamados, escamadas |
1 Vostede(s) |
Castelán
escamar
Catalán
escamar
Portugués
escamar