diérese

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «diérese».
  • Pronuncia: /diˈɛɾe̝se̝/ (AFI)

Substantivo feminino

diérese (sg: diérese; pl: diéreses)

  1. Signo gráfico (¨) composto por dous puntos colocados horizontalmente á mesma altura e escritos sobre unha vogal para indicar unha alteración na súa pronunciación.
    • Observacións: En galego, emprégase na sílaba "güe", "güi" fronte a "gue", "gui", para indicar se pronunciar o "u" ou non, ou na letra "i" na primeira e segunda persoa do plural dos imperfectos dos verbos rematados en "-aer", "-aír", "-oer", "-oír" e "-uír" (saïamos), para indicar que o "i" forma sílaba de seu (sa-ï-a-mos), aínda que é átono, distinguíndoo das mesmas formas do presente de subxuntivo nas este forma ditongo (sa-ia-mos).
  2. Pronunciación de forma separada dunha secuencia que forma normalmente ditongo, por razóns métricas, de énfase ou propias dunha variedade lingüística.
  3. (Medicina) Operación cirúrxica destinada a dividir un tecido.
  4. Corte ou pausa entre dous pés nos versos gregos.

Traducións