tristeza

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «tristeza».
Mozo amosando tristeza
  • Pronuncia: /tɾis.ˈte.zɐ/ (AFI)

Substantivo feminino

tristeza (sg: tristeza; pl: tristezas)

  1. Estado de ánimo caracterizado por ter ganas de chorar ou tamén pola falta de interese pola vida, normalmente pasaxeiro e orixinado por un suceso desgraciado ou unha dificultade importante.
    • Exemplo: A morte do avó causou grande tristeza na familia

      .
  2. Calidade do que expresa ou que provoca ese estado de ánimo.
    • Exemplo: A tristeza do seu cantar conmoveunos a todos. A tristeza melancólica do inverno

      .
  3. Feito que produce ese estado nunha persoa, que é causa de sufrimento moral.
    • Exemplo: Contoume moitas tristezas

      .

Observacións