cálamo
Aparencia
Galego
- Pronuncia: /ˈkala̝mo̝/ (AFI)
cálamo (sg: cálamo; pl: cálamos)
- Pequena cana tallada oblicuamente, ou pluma de ave, tallada de igual forma na punta, que se utilizaba na antigüidade para escribir en papiro, pergamiño...
- (Zooloxía) Parte inferior, oca, translúcida, do raque da pluma dunha ave, que está inserida na pel.
- (Zooloxía) Cuncha interna calcaria das luras e outras especies de moluscos cefalópodos afíns.
- Sinónimos: pluma.
- (Música) Especie de frauta usada na antigüidade.
- (Botánica) Caule oco de certas plantas.
- (Alimentación) Rizoma do ácoro (Acorus calamus), usado como condimento.
- Sinónimos: cálamo aromático.