curaçao
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: de Curaçao.
- Pronuncia: /kuɾaˈsao̯/ (AFI)
curaçao (sg: curaçao; pl: curaçaos)
- (Alimentación) Licor feito a base da destilación ou maceración en alcohol de cascas de laranxa, dunha variedade de laranxa amarga da illa de Curaçao, nas Antillas. Ademais leva azucre, máis de 250 g/l. A súa graduación alcohólica varía entre os 24º e os 40º. Normalmente é azul, aínda que tamén existen variedades cromáticas, polo que é moi empregado na coctelaría pola súa cor.