Saltar ao contido

cuanto

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «cuanto».
  • Pronuncia: /ˈkwan.to/ (AFI)

Substantivo masculino

cuanto
(sg: cuanto; pl: cuantos)

  1. (Física) O cuanto, escrito ás veces na súa forma latina quantum (plural quanta), significa, na física cuántica, tanto o valor mínimo que pode tomar unha determinada magnitude nun sistema físico, como a mínima variación posíbel deste parámetro ao pasar dun estado discreto a outro.
    • Exemplo: O cuanto do campo electromagnético é o fotón.

  2. (Astronomía) Mínima cantidade de enerxía que pode transmitirse en calquera lonxitude de onda.

Sinónimos

quanto

Termos relacionados

cuanto de enerxía

Véxase tamén