Saltar ao contido

conflito

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /koɱ.'fli.to̯/ (AFI)

Substantivo masculino

conflito (sg: conflito; pl: conflitos)

  1. Combate, loita, pelexa.
    • Exemplo: O conflito dos irmandiños.

  2. Situación de grave oposición ou loita entre persoas, grupos, países, exércitos, etc.
    • Exemplo: Os conflitos dos Balcáns. Conflitos familiares. Conflito de intereses.

      armado.
  3. Apuro, situación apurada e de difícil saída.
    • Exemplo: Non sei como saír deste conflito.

  4. Problema, cuestión, materia de discusión.
    • Exemplo: Conflito de competencias.

  5. (Psicoloxía) Existencia conxunta de tendencias contraditorias no individuo, capaces de xerar angustia e trastornos neuróticos.

Observacións