Saltar ao contido

combustión

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «combustión».
Combustión de madeira
  • Pronuncia: /kom.bus.'tjoŋ / (AFI)

Substantivo feminino

combustión (sg: combustión; pl: combustións)

  1. Acción e efecto de arder ou queimarse un corpo.
    • Exemplo: O cambio climático é debido, maiormente, á combustión de produtos fósiles.

  2. (Química) Reacción química na que un elemento combustíbel se combina con outro comburente, producindo calor ou outras radiacións, visíbeis ou non, e producindo un óxido.
    • Exemplo: O produto das reaccións de combustión pode incluír monóxido de carbono, dióxido de carbono, auga e cinzas.

      .

Termos relacionados

combustión nuclear, cámara de combustión, motor de combustión interna