Saltar ao contido

abrasar

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /a.bɾa.ˈsaɾ/ (AFI)

Verbo intransitivo

  1. Quentar demasiado.
    • Exemplo: Esta calor abrasa.

  2. Ir moita calor [nun lugar].

Verbo pronominal

  1. Sentir un demasiada calor.
    • Exemplo: Cando fixen a mili abraseime a modo no deserto.

  2. Queimarse completamente, quedando reducido a brasa.
  3. Murchar [unha planta ou parte dela] pola excesiva calor ou o frío intenso.

Verbo transitivo

abrasar

  1. Queimar [algo] completamente, quedando reducido a brasa.
    • Exemplo: O incendio abrasou todo o piñeiral.

  2. Murchar a excesiva calor ou o frío intenso [unha planta ou parte dela].
  3. Quentar demasiado.
  4. Producir unha sensación de dor ardente, especialmente a calor, a sede ou a febre.
    • Exemplo: O pobre rapaz estaba abrasado coa febre.

Conxugación