Saltar ao contido

citoloxía

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «citoloxía».
Móstranse tres células humanas cos seus núcleos tinxidos de cor azul. A célula da esquerda encóntras en fase de mitose e obsérvase a separación dos cromosomas para formaren dúas células fillas. (Microscopía de contraste de fase)
  • Pronuncia: /θi.to.lo.'ʃia̯/ ou /si.to.lo.'ʃia̯/ (AFI)

Substantivo feminino

citoloxía (sg: citoloxía; pl: citoloxías)

  1. (Bioloxía) A citoloxía é a parte da bioloxía que estuda as células, desde o punto de vista morfolóxico, fisiolóxico, estrutural e a súa importancia na complexidade dos seres vivos. Atendendo á súa organización celular, os seres vivos clasifícanse en acelulares (virus, viroides) e celulares, sendo estes á súa vez clasificados en eucariotas e procariotas. Para alcanzaren os seus obxectivos, os biólogos celulares vense obrigados a estudar os compoñentes da célula a nivel molecular; así que coa invención do microscopio óptico foi posíbel observar estruturas nunca antes vistas polo ser humano, as células. Esas estruturas estudáronse máis detalladamente co emprego da citoquímica e coa axuda fundamental do microscopio electrónico.
    • Exemplo: A citoloxía ou bioloxía celular encóntrase estreitamente relacionada con outras ramas da bioloxía

      .
  2. (Medicina) Estudos das células exfoliadas dun órgano en comunicación co exterior ou facilmente accesíbel, como a vaxina, o estómago, o colon, os bronquios etc.
    • Exemplo: Citoloxía bronquial.

Observacións

Naacepción seu sinónimo é bioloxía celular.

Termos relacionados

citólogo, citoloxía vaxinal, citolóxico.