cito-
Aparencia
Galego
Etimoloxía: do grego antigo κύτοσ, kýtos 'cavidade' que, en termos científicos, toma o significado de 'célula' por pensaren os primeiros microscopistas que estas consistían nunha membrana que pechaba un espazo baleiro.
Pronuncia: /ˈθi.to/ ou /ˈsi.to/ (AFI)
cito-
- Elemento de formación de palabras que se emprega construción de numerosísimos termos da linguaxe científica, como en: citoblasto, citobioloxía, citocinese, citocromo, citodiagnose, citoesqueleto, citoplasma, citólise, citólogo, citoxénese, etc.