chinchona
Aparencia
Galego
- Pronuncia: /t͡ʃinˈt͡ʃona̝/ (AFI)
chinchona (sg: chinchona; pl: chinchonas)
- (Botánica) Árbore ou arbusto, da familia das rubiáceas, do que existen diversas especies, especialmente Cinchona officinalis, orixinaria de América do Sur, que se atopa pola selva chuviosa do occidente da Amazonia, así como polo leste da cordilleira dos Andes. De follas grandes, froito capsular e casca amarga, posúe propiedades medicinais ao igual que outras especies do xénero Cinchona.
Traducións
- Alemán: Chinarinde (de)
- Castelán: quina (es)
- Francés: quinquina (fr)
- Inglés: cinchona (en)
- Italiano: china (it)
- Portugués: quina (pt)
- Ruso: хина (ru)
Referencias
- «chinchona» no DIGALEGO, Ir Indo.