carneiro
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
![]() |
Grafías semellantes: Carneiro |
Galego
Pronuncia: /kaɾˈnejɾo̝/ (AFI)
Substantivo masculino
singular | plural |
carneiro | carneiros |
- (Zooloxía, gandaría) Ruminante macho, con abondosa pelaxe de la, cornos en espiral e de nome científico Ovis aries.
- (Zooloxía, alimentación) (Cerastoderma edule) Berberecho.
- Sinónimos: birbiricho, chícaro, crica, croque.
- (Zooloxía) Berberecho bravo.
- Pinchacarneiro.
- Onda do mar con pouca altura e con escuma.
Adxectivo
carneiro (ms: carneiro; mpl: carneiros; fs: carneira; fpl: carneiras)
- Dise daquel que insiste na súa forma de actuar e nas súas ideas, mesmo ante a evidencia de saberse trabucado.
- Rudo, brutiño, que amosa pouca delicadeza ou educación.
Substantivo
carneiro (ms: carneiro; mpl: carneiros; fs: carneira; fpl: carneiras)
- Persoa testana.
- Persoa ruda.
- (Astroloxía) Aries.
Traducións
- Alemán: Widder (de).
- Castelán: carnero (es).
- Francés: bélier (fr).
- Inglés: ram (en).
- Italiano: ariete (it).
- Portugués: carneiro (pt).
Portugués
Substantivo masculino
carneiro (sg: carneiro; pl: carneiros)