cabra
Saltar á navegación
Saltar á procura
Galego
Etimoloxía: do latín capra, -ae.
Pronuncia: /ˈkaβɾa/ (AFI)
Substantivo feminino
cabra (sg: cabra; pl: cabras)

- (Gandaría) Mamífero artiodáctilo ruminante doméstico da familia dos bóvidos, subfamilia dos caprinos, Capra aegagrus hircus Linné, de 60 a 70 cm de lonxitude e formas esveltas, con pelaxe curta e áspera, orellas rectas, moi estreitas, cornos ocos, con nós, curvados cara a atrás, cola curta, dirixida cara a arriba, e unha barba de pelos longos debaixo do queixo.
- Exemplo: Teño un pequeno rabaño dunhas cincuenta cabras.
- Observacións: A cabra doméstica comprende varias razas que parecen derivar da cabra do bezoar, Capra aegagrus, as de Europa, Asia occidental e norte de África, e o markhor ou cabra de Falconer, Capra falconeri, as asiáticas de pelo longo, Caxemira e Angora.
- (Gandaría) Femia desta especie, que é de menor tamaño que o macho, e que ás veces carece de cornos.
- Exemplo: Temos que levar as cabras ao bode.
- (Zooloxía) Nome común que se aplica tamén ás demais especies de mamíferos artiodáctilos bóvidos da subfamilia dos caprinos.
- Exemplo: Cabra azul. Cabra do bezoar.
- (Ictioloxía) Peixe osteíctio perciforme da familia dos serránidos, Serranus cabrilla Linné, duns 35 cm de lonxitude, corpo oblongo, cabeza en forma de cuña, coa boca grande e a mandíbula inferior prominente, con aspecto de mero en miniatura, e coloración que vai de tella a gris amarelada pálida, coa gorxa vermella e o ventre acastañado, e con dúas ou tres raias lonxitudinais de cor amarela rosada ao longo do tronco e a cola, e tres liñas amarelas ou lilas a ambos os lados da cabeza, que vive no Atlántico, até o Mar do Norte, até os 600 m de profundidade, especialmente sobre fondos rochosos.
- Exemplo: As cabras son peixes moi voraces.
- Sinónimos: cabuxa.
- (Ictioloxía) Nome común doutros peixes pertencentes ao mesmo xénero, especialmente Serranus scriba Linné.
- Observacións: Ao carecer, de momento, esta especie de nome vulgar galego, poderiamos designalo, para distinguilo de Serranus cabrilla, como cabra escrita, seguindo, en parte, os modelos do francés, serran écriture, e do italiano, schiarrano scrittura.
- (Ictioloxía) Nome co que nalgúns lugares designan a varios peixes osteíctios escorpeniformes da familia dos tríglidos, máis coñecidos por escachos, especialmente Eutrigla gurnardus (o crego), Aspitrigla cuculus (o escacho bravo), Trigla lyra (o escacho de altura) e Trigloporus lastoviza (o rubio).
- (Ictioloxía) Cabra de altura.
- (Ictioloxía) Malarmado.
- (Ictioloxía) Escarapote da pedra.
- (Ictioloxía) Xulia.
- (Ictioloxía) Taberneiro.
Termos relacionados
- bode
- bóvidos
- cabra azul
- cabra cega
- cabra das Montañas Rochosas
- cabra de altura
- cabra de altura nórdica
- cabra de Falconer
- cabra do aire
- cabra do bezoar
- cabra escrita
- cabra montesa
- cabra montesa dos Alpes
- cabra montesa dos Pireneos
- cabra salvaxe
- cabrito
- cabrón
- cabuxa
- cabuxo
- caprinos
- castrón
- crego
- escacho
- escacho bravo
- escacho de altura
- escarapote da pedra
- escorpénidos
- malarmado
- mero
- rubio
- serránidos
- Serranus
- taberneiro
- tríglidos
- xulia
Traducións
- Alemán: Ziegen (de), Ziegenleder (de)
- Asturiano: cabra (ast)
- Castelán: cabra (es)
- Catalán: cabra (ca)
- Francés: chèvre (fr)
- Inglés: goat (en)
- Italiano: capra (it)
- Portugués: cabra (pt) (a femia); bode (pt) (o macho)
Catalán
Substantivo feminino
cabra (sg: cabra; pl: cabres)