Saltar ao contido

cabrón

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: [kaˈβɾoŋ] (AFI)

Substantivo masculino


singular plural
cabrón cabróns
Cabrón.
El aquelarre (Francisco de Goya, 1797-1798). O cabrón tradicionalmente estaba relacionado coas prácticas da bruxería.

cabrón

  1. (Gandaría) Macho da cabra adulto.
  2. (Vulgar) Marido ou amante que tolera as infidelidades da súa esposa ou compañeira.
    • Sinónimos: cornudo.
    • Exemplo: É un cabrón e está tan tranquilo.

  3. (Vulgar) Insulto que se dirixe a unha persoa que fixo algo con mala intención para amolar á outra.
    • Exemplo: Xuro que ese cabrón vai pagar o que me fixo.

    • Observacións: Nesta acepción o termo admite o xénero feminino: mira ti para esa cabrona!

Observacións

  • As acepcións 2ª e 3ª, vulgares, fan que esta palabra sexa tabú, mesmo na 1ª.

Termos relacionados

Traducións