Saltar ao contido

calcita

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «calcita».
Calcita de cor parda clara
  • Pronuncia: /kal.ˈθi.ta/ ou /kal.ˈsi.ta/ (AFI)

Substantivo feminino

calcita (sg: calcita; pl: calcitas)

  1. (Xeoloxía) Mineral formado por carbonato de calcio, de fórmula química CaCO3, moi abundante, de cor xeralmente branca, pero tamén pode se amarela e incluso máis escura, chegando a variedades de cor parda, ás veces transparente, que cristaliza en formas do sistema hexagonal. Pode aparecer en forma cristalina pero é moito máis frecuente que o faga en forma masiva formando as rochas calcarias. Atópase normalmente en xacementos calcarios sedimentarios ou metamórficos, en rochas volcánicas e en filóns hidrotermais (forma ás veces estalactitas e estalagmitas). Úsase principalmente para obter cal.
    • Exemplo: A calcita é un dos minerais máis abundante da codia terrestre.